COMERCIANTE

100.000 EUROS EN BONOS DESCONTO DE 30€

O Concello de Ribeira pon en marcha esta iniciativa para dar un impulso ao pequeno comercio. O obxectivo é animar á veciñanza a mercar no comercio local e axudar a compensar a caída do consumo que está afectando ao sector.

Como funciona?

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá ir descontando nos distintos establecementos comerciais adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.

Establécese un único tramo de gasto no que se aplicará desconto:

Como será o proceso de cobro?

  1. O cliente amosa o seu código QR
  2. O comercio accede á app TPV e teclea o importe da compra
  3. A app valida e calcula o prezo final
  4. O comercio valida a operación
  5. A plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o Wallet do cliente
  6. A entidade financieira efectúa o pago da cantidade descontada ao comercio

Información mantida e publicada en internet polo Concello de Ribeira